Carballo presenta novas obras por case 5 millóns de euros e con cargo ao remanente

Concello de Carballo

  • Estas intervencións levaranse ao pleno do próximo luns, cuxa orde do día inclúe tamén a aprobación inicial da ordenanza reguladora de feiras e mercados

Inmersa nas grandes festas do San Xoán, a corporación municipal de Carballo reunirase este luns para aprobar unha modificación do orzamento e así poder destinar 4.7 millóns de euros con cargo ao remanente de tesourería a unha batería de actuacións. Intervencións que foron presentadas este venres polo rexedor, Evencio Ferrero, quen ademais estivo acompañado polo edil de Feiras e Mercados, Juan Seoane.

Na proposta destacan as obras de reurbanización das rúas Labarta Pose, Murguía e Otero Pedrayo por 256.000 euros ou as actuacións de accesibilidade no barrio das Flores e na rúa Perú por case 291.000 euros. Tamén se contempla a primeira fase da ampliación do cemiterio municipal por 302.000 euros; a Praza de San Miguel de Vilela por 250.000 euros; a inclusión de puntos de luz na rede municipal por 227.000 euros ou a reforma do campo de fútbol de Sofán, cun orzamento que ascende a 298.000 euros. Tamén haberá melloras, e de xeito integral, no parque infantil de Bértoa (150.000 euros) e no de Razo (146.000 euros).

En canto á obras de saneamento, destinaranse 184.000 euros desde o Igrexario de Lema ata Arnados así como 174.000 euros ás mellores da rede na zona urbana.

A lista complétase con estas intervencións:

• Convenio Cámara de Comercio: 15.000 euros
• Beirarrúas para a mellora da accesibilidade peonil na contorna urbana: 167.892,34
• Acondicionamento de aparcamento e sinalización no polígono industrial de Bértoa: 106.717,97
• Ferramenta de rescate de Protección Civil: 23.000
• Actuacións de desenvolvemento do PXOM (rúas Castro Chané, en Bértoa, e Neptuno, en Razo): 45.000
• Actuacións de desenvolvemento do convenio con Augas de Galicia (San Martiño, Muíño do Quinto e A Cepeira): 99.433,24
• Actuacións de desenvolvemento do PXOM (sistema xeral VI1): 215.000
• Acondicionamento de praza en Outeiro (Sísamo): 45.000
• Adaptación á aliñación do edificio da antiga estación de trolebuses polo lado oeste: 32.084,25
• Outros investimentos en vías públicas: 40.000
• Outros investimentos en vías públicas do rural: 30.000
• Reurbanización das rúas Ourense e Baños Vellos: 81.091,50
• Pavimentación do entorno da igrexa de Cances da Vila: 126.156
• Beirarrúas en Ardaña: 175.000
• Acceso ao local social de Lema: 30.000
• Rede de saneamento e abastecemento en Cambre de Lema e Cambrelle: 103.130,50
• Rede de saneamento e abastecemento na parroquia de Bértoa: 39.000
• Rede de abastecemento de auga potable dende Santa María de Ardaña ata Canosa-Rus (liquidación): 16.161,22
• Rede de abastecemento de auga potable á baixa de Sofán (POS+ Complementario): 88.890,86
• Papeleiras de reciclaxe nos edificios públicos: 6.000 euros
• Parque infantil de Artes: 12.898,48
• Mantemento e conservación do firme do paseo do Anllóns: 137.026,90
• Mantemento e conservación de zonas verdes: 42.971,14
• Proxecto de accesibilidade ás praias: 10.000
• Sinalización dos accesos a Razo e Baldaio: 24.500
• Bases e soportes para os colectores de lixo: 40.000
• Mellora das zonas verdes: 86.000
• Ruta das Férvedas: 20.000
• Mantemento do edificio Fórum Carballo: 50.000
• Centro social de Xoane-Goiáns. Fase 2: 96.922,45
• Ampliación do circuíto de motocross: 50.000
• Equipamento para instalacións deportivas: 187.200
• Subministro de enerxía eléctrica do mercado de abastos: 8.000
• Servizo de xerencia do mercado de abastos: 60.000
• Reforma parcial dos almacéns municipais: 15.676,31
• Intereses mora: 25.000

Na sesión plenaria tamén se someterá a aprobación, de xeito inicial, a nova ordenanza reguladora das feiras e mercados tradicionais. Juan Seoane explicou as principais novidades do texto, que xa superou a fase de consultas e que despois da aprobación inicial volverá a expoñerse ao público para alegacións. O obxectivo fundamental da reforma é adaptar a ordenanza á normativa autonómica.