Carballo pretende ter un parque canino na zona do San Martiño

  • A solicitude presentada polo Concello de Carballo ante o organismo Augas de Galicia dependente da Consellería de Infraestruturas está en exposición pública ata o 3 de xuño.

A partir dese momento xa non haberá impedimentos para acometer a actuación segundo o proxecto elaborado na Oficina Técnica Municipal.

A actuación que se pretende acometer, e que basicamente consiste na construción dun valado para delimitar a zona de xogos para os cans, levarase a cabo nun terreo de titularidade municipal destinado a espazos libres, á beira do río. O recinto terá unha superficie de 870 metros cadrados e estará delimitado por un cerramento de postes de madeira e tela metálica de 1,50 metros de altura para impedir a saída involuntaria dos cans. Na entrada ao recinto colocarase un cartel coas normas de uso. Tamén se instalarán dous bancos de madeira e unha papeleira na zona de estancia das persoas usuarias.

Dado que o ámbito de actuación está situado dentro da zona de policía de augas do Río Anllóns é preciso contar con autorización previa de Augas de Galicia para poder acometer as obras, que teñen un prazo de execución de 2 meses e un custo estimado próximo aos 7.000 euros.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha