Carballo | Programado un corte de auga na rúa Vila de Laxe para este mércores 17

0 minutes read
  • As intervencións tamén afectarán a un treito da Gran Vía

A rúa carballesa Vila de Laxe sufrirá un corte de auga este mércores, 17 de febreiro, con motivo das obras de reurbanización e mellora de saneamento na zona.

A interrupción do servizo terá lugar dende as 09:30 ata as 12:30 horas, e tamén afectará aos números pares da Gran Vía comprendidos entre o 140 e o 170.