Carballo promociona a ruta Vermú de Inverno en Xantar Ourense

1 minutes read

Xantar é un escaparate único para dar a coñecer todas as posibilidades de calquera municipio como destino. E por iso, ademais de promocionar os produtos locais e a Ruta Vermú de Inverno, as persoas que se acheguen polo stand da Deputacion da Coruña atoparán información turística xeral sobre o Concello de Carballo.

Chama a atención a primeira Ruta Vermú de Inverno, que arrinca, precisamente esta fin de semana en 31 establecementos de hostalaría de 7 parroquias. Desde o Concello queren aproveitar a excelente plataforma que supón a feira ourensana para dar a coñecer esta nova iniciativa da área de Promoción Económica e Turismo. Con esa finalidade, este sábado realízanse dúas sesións de preparación de vermú ás 13.00 e ás 18.00 horas.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?