A Placemaking Week Europe é un congreso sobre urbanismo e recuperación do espazo público do que xa se levan celebrado tres edicións en Amsterdam, Estocolmo e Valencia. Pontevedra acolle a edición deste 2022 con 400 expertos/as de Europa, na súa maior parte, pero tamén de Estados Unidos e África. O obxectivo é reunir a persoas de todo o mundo que traballan “para crear mellores espazos públicos e unha cidade á altura dos ollos”, creando unha oportunidade para coñecer solucións alternativas para a transformación dos núcleos urbanos. O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Regueira, e a técnica de Turismo do Concello de Carballo, Maite Parga, presentaron este xoves en Pontevedra, no marco desta Placemaking Week Europe, o proxecto de arte urbana Derrubando muros con pintura como un exemplo da utilización da arquitectura e a creatividade como estratexia para recrear o espazo público.
29