Residentes na zona carballesa do lugar de Pedra Furada -estrada de Carballo a Sísamo- contactaron con este medio para mostrar o seu malestar cun veciño da zona -que de momento manteñen no anonimato-, pero que afirman ter perfectamente identificado, como responsable e autor de depositar pedras, en ocasións de grandes dimensións, nos contedores de lixo situados nas inmediacións das súas vivendas. Os afectados afirman ter posto o caso en coñecemento das autoridades, pero tamén afirman que este veciño «segue á súa bóla» facendo caso omiso, «retíraas e vólveas a botar noutro». Lembramos que as persoas que fagan un mal uso dos contedores de lixo poden ser sancionadas pola autoridade competente con multas de diferente contía, dependendo da normativa aplicable por cada Concello e en cada caso.
Carballo | Queixas en Pedra Furada por un veciño que deposita pedras nos contedores do lixo
Lugar de Pedra Furada.