Carballo | Quinto aquelarre, este martes, na Eira das Meigas do Monte Neme

Senda Nova

  • Colectivos e persoeiros achegaranse ata o lugar, de noite, para denunciar o dano causado no entorno rural bergantiñá.

A Eira das Meigas, no Monte Neme, volverá un ano máis a ser un destino de reivindicación ambiental. Durante a noite deste martes colectivos e persoeiros reuniranse no lugar para «divisar e denunciar as desfeitas» no entorno rural bergantiñán, sinalan desde a asociación medioambiental Senda Nova.