Carballo | Realizados os sorteos da campaña de Nadal do CCA e da Asociación de Hostalería

O primeiro dos sorteos efectuouse na Praza do Concello e de entre todas as papeletas depositadas na urna alí instalada extraeronse dúas papeletas, premiadas con 500 € cadansúa, premio patrocinado por Vázquez y Reino. Estivo presente en representación do patocinador Katy Fuertes e en representación do CCA Carballo Ricardo Pallas e Mary Pacoret.

Os afortunados foron: Alba Castro Pose e Carlos Castro Rial.

O segundo dos sorteos da campaña de nadal realizouse entre as papeletas despachadas nos establecementos hosteleros participantes na promoción.

O premio consiste en cinco cheques compra, de 50 € cadanseu, que serán consumibles nos comercios adheridos ao CCA Carballo.

No sorteo estiveron presentes Silvina Vázquez Redondo, Antón Viña, Gertrudis Pose, Marcos García e Miguel Grille Gavín premiados da semana anterior, e que actuaron como man incocente, e Mª Carmen Freire Areosa, xerente do CCA.

Premiados deste segundo sorteo:

Goreti Casás, Daniel Varela Cancela, Cris Mato, Luís Cancela e Fátima Suárez

Nese mesmo acto entregáronse os premios da semana anterior a: Silvina Vázquez Redondo, Antón Viña, Gertrudis Pose, Marcos García e Miguel Grille Gavín así como os premios patrocinados por Vázquez y Reino: Alba Castro Pose e Carlos Castro Rial

O prazo para consumir os premios rematará o día 9 de xaneiro de 2021.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha