Carballo | Recepción oficial aos deportistas do SYSCA participantes nos Campionatos de España

0 minutes read

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, ofrecen este mércores unha recepción aos deportistas do Club SYSCA que veñen de participar nos campionatos de España de inverno: Gabriel Rodríguez Colferai, Pablo Angeriz Bello, Adrián Martínez Cotelo, Ricardo e Joaquín Mouro Periscal, que competiron en Elche nas categorías xuvenil, júnior e absoluta, mentres que Raquel Suárez, Sara Puñal e Samuel Baldomir participaron en febreiro en Valladolid na competición infantil e cadete.