Carballo recupera a figura de Xesús San Luís Romero a través dun documental


A pre-estrea será no CEIP Xesús San Luís Romero, que colaborou activamente na gravación e que protagoniza boa parte da mesma. O acto, previsto para este venres 16 de decembro ás 12.00 horas, contará coa participación de alumnado e profesorado. Tamén se achegarán ata o centro o alcalde, Evencio Ferrero, e outros representantes municipais. A película, de case media hora de duración, foi producida por Nós Televisión para o Concello de Carballo. A partir deste sábado estará a disposición de todas as persoas interesadas na canle de YouTube municipal e ás 21.00 horas dese mesmo día emitirase por televisión na canle 119 de R.

Evencio Ferrero é un dos participantes no documental, xunto co historiador Xan Fraga, a escritora e profesora Rosalía Fernández Rial, o sobriño-neto do autor Xosé Ramón San Luís, a directora do CEIP Xesús San Luís Romero, Marisa López, e varios alumnos e alumnas, e Antonio Rodeiro, do Grupo de Teatro da Maía, unha das poucas compañías contemporáneas que ten representado O Fidalgo.