- As proxeccións serán o 9 e 15 de xullo e o 12 e 19 de agosto na vila e nas praias, con acceso libre e de balde ata completar aforo
A Concellaría de Cultura, en colaboración da Deputación da Coruña, recupera as proxeccións ao aire libre dentro do Verán Cultural. O programa completo aínda non está dispoñible, pero desde o Concello presentaron algúns dos filmes galegos que se poderán ver durante xullo e agosto.
9 de xullo. ‘A galiña turuleca’. Será na rúa Jacinto Amigo a partir das 22.00 horas. Todos os públicos.
Película premiada co Premio Goya 2020 á Mellor película de animación.
15 de xullo. ‘A illa das mentiras’. Tamén se proxectará ás 22.00 horas, neste caso na praia de Razo. Maiores de 12 anos.
12 de agosto. ‘Spider-Man: lonxe do caso’. Terá lugar na Pedra do Sal-Baldaio, ás 22:00 horas.
19 de agosto. ‘Ons’. De novo, na rúa Jacinto Amigo á mesma hora cás anteriores. Maiores de 12 anos.
Película premiada co Premio Mestre Mateo 2021 á Mellor película.