Carballo | Recuperación e posta en valor da fonte de San Pedro, en Cances

1 minutes read

Era unha das demandas trasladadas no seu momento pola veciñanza de Cances ao Concello de Carballo a través do consello parroquial: o arranxo da fonte de San Pedro. A actuación levada a cabo permitiu restaurar este elemento do patrimonio etnográfico, así como poñelo en valor grazas a unha actuación integral que incluíu o acondicionamento do acceso, a protección da pequena ponte situada no camiño e a creación dunha ampla zona de estadía e descanso xunto ao manancial.

Toda a intervención levouse a cabo con pedra e madeira, respectando os materiais da fonte primitiva. Tamén se restauraron a imaxe de San Pedro e a cruz que coroa a fonte, e mellorouse a accesibilidade habilitando un camiño empedrado que conduce dende a estrada ata a fonte. Un letreiro de madeira colocado no penal da vivenda situada a carón completa a intervención.

O alcalde, Evencio Ferrero; o concelleiro Luis Lamas e a concelleira Maruxa Suárez achegáronse ata Cances para ver o resultado da obra.Cedida.