Carballo | Reforzada a seguridade do polígono coa implementación de 6 novos hidrantes

Cedida.

Estas actuacións enmárcanse na aposta da Xunta por impulsar a actividade industrial e complementa outras axudas postas en marcha para apoiar os parques empresariais galegos. O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou este luns as instalacións nas que a Xunta investiu máis de 62.000 euros para levar a cabo a mellora da rede de hidrantes no polígono industrial aportando a Xunta case o 80% do orzamento e o resto, ata os 86.500 euros, correu a cargo do Concello que foi o encargado de contratar e de executar a actuación coa que se reforza a loita contra posibles incendios nas naves do parque. Na visita tamén estivo presente o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, así como o concelleiro e deputado carballés do PP, Rubén Lorenzo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha