Carballo | Remata a sexta edición do Campus TEC de fútbol

Cedida.

Remata a sexta edición do Campus de Tecnificación das Escolas Luís Calvo Sanz e o Bergantiños FC. Este venres os participantes recibiron unha visita especial, unha das novas incorporacións para o Bergantiños de 2ª RFEF, Iago Parga Diaz puido charlar con eles e gozar dunha gran xornada de fútbol en As Eiroas. Ademais esta semana, tamén participou no campus Lucie Chromečková, xogadora checa de 18 anos e que milita no FC Bílovec.