Este mércores 14 de xullo remata o período de pago voluntario de diferentes impostos aplicados polo Concello de Carballo, entre os que se encontran a taxa pola prestación do servizo de recollida domiciliaria de lixo e residuos sólidos urbanos, na súa modalidade de vivenda, a taxa pola reserva de estacionamentos en vía pública para parada de buses, carga e descarga e vados permanentes, así como o imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica. Transcorrido o citado prazo, iniciarase o período executivo, que determina o devengo do recargo de constriximento e os intereses de demora, segundo o previsto no artigo 28 da Lei 58/2003, xeral tributaria, do 17 de decembro. O recargo será dun 5% ata que se reciba a notificación da providencia de apremio, do 10% unha vez recibida a mesma e ata o fin do prazo voluntario en vía executiva, e do 20% unha vez transcorrido dito prazo.
38