Carballo | Rematadas as obras da contorna da igrexa de San Martiño e de Cances da Vila

1 minutes read

O Concello de Carballo está a desenvolver nos últimos anos actuacións de posta en valor dos núcleos rurais tradicionais e das contornas das igrexas parroquias. A última consistiu na mellora do núcleo de Cances da Vila, cun orzamento superior aos 120.000 euros.

O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Mobilidade, Juan Seoane, achegáronse para ver o resultado da intervención, que consistiu, por unha banda, na pavimentación con formigón das rúas de Cances da Vila nunha superficie de 3.850 metros cadrados, ao tempo que se aproveitou para estender a rede de abastecemento de auga nunha lonxitude de 600 metros, e para acondicionar novas franxas verdes e adoquinadas que dignifican a contorna da igrexa.