A mellora, financiada cos fondos do POS+Adicional da Deputación da Coruña, cun orzamento de 227.651 euros, consistiu na pavimentación con formigón de 2.600 metros lineais de vías. Realizouse unha limpeza completa antes de proceder á pavimentación con formigón superior os 9.000 metros cadrados de superficie. As obras tamén permitiron adecuar as rúas ás aliñacións aprobadas no PXOM e completar o servizo de abastecemento de auga. O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, achegáronse ao lugar para ver o resultado das obras executadas.