O río Anllóns volve a cobrar protagonismo nas festas de San Xoán para acoller un dos eventos máis tradicionais e agardados da programación: o XXII Descenso do Anllóns. O martes 25 a partir das 18 horas, as carrilanas máis divertidas e orixinais descenderán dende A Ponte de Bértoa ata o Parque do Anllóns nun percorrido que volverá congregar a milleiros de carballeses/as e veciños/as procedentes doutros concellos, ansiosos/as por ver as enxeñosas propostas deste ano, entre as que a comisión de festas repartirá un total de 2.375 € en premios e subvencións.