Carballo | Retencións este venres na AC-552 por dous accidentes simultáneos en hora punta

Accidente Pk. 28,5. A Rega - Bértoa.

Dous accidentes de tráfico producidos case de forma consecutiva minutos antes das seis da tarde deste venres complicaron o acceso a Carballo pola AC-552. As colisións entre dous turismos en cada caso producíronse a unha distancia aproximada de dous quilómetros. A primeira ocorreu no lugar da Rega, punto quilométrico 28,5, dous turismos chocaron frontalmente e un deles ocupaba o sentido de circulación dirección A Coruña, polo que a Garda Civil de Tráfico e a Policía Local tiveron que regular o tráfico rodado, moi intenso neses momentos, por un só carril, mentres que un guindastre non retirou o turismo sinistrado da vía. Dúas persoas resultaron feridas. O outro accidente produciuse no quilómetro 30,5, tamén entre dous turismos e de forma frontolateral, no límite coa entrada no centro urbano. Protección Civil e os Bombeiros de Carballo contribuíron á limpeza da vía en ambos os casos.

Accidente Pk. 30,5. AC-552