Carballo | Reunión de traballo para organizar unha nova edición de Berocasión

0 minutes read

Axober, en colaboración co Concello de Carballo e os concecionarios de automóbiles da vila volverá a levar as rendas da organización dunha nova edición de Berocasión, a feira por excelencia do vehículo de ocasión na capital de Bergantiños. A primeira toma de contacto para organizar este primeiro evento do 2022 será este próximo mércores día 4 ás 20:30 horas, entre os concesionarios que así o desexen e Axober, no 2º Andar da Praza de Abastos de Carballo.