Carballo reurbaniza as rúas Labarta Pose, Manuel Murguía, Otero Pedrayo e parte de Antón Fraguas

1 minutes read

Os traballos permitirán renovar os distintos servizos urbanos, eliminando os tendidos aéreos de telecomunicacións, alumeado e electricidade, ademais de mellorar as infraestruturas do ciclo da auga. Neste sentido, o proxecto prevé a substitución das vellas tubaxes de fibrocemento por unha nova rede de abastecemento, que permitirá pechar a malla na zona, garantindo o subministro tanto dende Antón Fraguas coma dende Ponte da Pedra. Tamén se completará a rede de saneamento, e ademais instalarase a de recollida de augas pluviais, actualmente inexistente.

Outro dos obxectivos da actuación é avanzar na mobilidade sostible e na accesibilidade mediante a eliminación de barreiras arquitectónicas e o establecemento de plataforma única, limitando as áreas de estacionamento para fomentar a circulación peonil. Na zona oeste da rúa Labarta Pose crearase, de feito, unha zona exclusivamente peonil e unha zona verde con rega por goteo. Entre as catro rúas plantaranse 38 árbores de distintas especies. O proxecto tamén inclúe a sinalización horizontal e vertical, e mobiliario urbano, en concreto 5 bancos, 4 papeleiras e unha fonte.

O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Obras, Luis Lamas, visitaron as obras que veñen de iniciarse co obxectivo de mellorar os servizos urbanísticos, mellorar a accesibilidade e avanzar na humanización do barrio.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?