Carballo rexistra case 800 solicitudes para as cachelas de San Xoán

San Xoán Carballo 2021

  • Debido á crise sanitaria da COVID-19, o Concello de Carballo soamente autoriza a celebración de cachelas en propiedade privada

As Festas de San Xoán en Carballo celébranse con ou sen orquestra, mentres haxa cachelas. Ante a avalancha de solicitudes recibidas para a celebración de lumaradas, que ao peche do prazo establecido inicialmente acadaban as 695, a Policía Local de Carballo continuou recollendo impresos ao longo da mañá deste martes, na que por momentos chegaron a formarse longas colas ás portas das dependencias policiais. Finalmente serán preto de 800 as cachelas que se celebrarán, coa preceptiva comunicación previa, en todo o concello, o que augura unha noite de San Xoán fiel á tradición.

Este ano, debido á crise sanitaria da COVID-19, o Concello de Carballo soamente autoriza a celebración de cachelas en propiedade privada, polo que queda totalmente prohibida a realización das mesmas en espazos públicos e praias.

En caso de emerxencia están dispoñibles os seguintes teléfonos: Servizo de Bombeiros (112 / 981758057), Policía Local (981701722) e Protección Civil (981 704048).

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha