Carballo | Rexistrados dous accidentes con numerosos danos materiais en Sofán e Ardaña

Coche accidentado no lugar de Vivente, en Carballo.

O primeiro dos sinistros producíase pasadas as oito da tarde deste domingo na estrada AC-413 ao seu paso polo núcleo de Sofán. Un choque múltiple provocaba a intervención dos servizos de emerxencia, aínda que os feridos non revestían gravidade. Unha hora máis tarde tivo lugar outro accidente, tamén sen consecuencias persoais graves, pero con importantes danos materiais, neste caso o sinistro produciuse no quilómetro dous da DP-1914 ao seu paso polo lugar de Vivente, en Ardaña. Un turismo Seat Toledo resultou especialmente danado e tras o golpe quedou ocupando o carril de circulación sentido Santiago, curiosamente en sentido contrario tamén estaba no chan un sinal de tráfico. Algunhas testemuñas indicaban que podería haber un segundo vehículo implicado e que presuntamente podería haberse dado á fuga, causas que se investigan por parte das forzas da orde que acudiron ao lugar do accidente.