As forzas de seguridade vense desbordadas, os amigos do alleo campan ás súas anchas ante a mirada atónita dos propietarios das tendas afectadas. Ás denuncias por roubos de coches tamén se suma o goteo de turismos subtraídos noutros lugares e que aparecen abandonados na zona. Ao intento de roubo nunha tenda de bricolaxe durante a fin de semana súmase outro non menos rechamante. Ocorría nunha tenda de decoración situada na céntrica rúa Gran Vía, os amigos do alleo – polo menos dúas persoas- entraron na tenda en horario comercial e leváronse o que atoparon a man, xogos de sabas e alfombras. Posiblemente a mesma persoa, non contento coa falcatruada, e en menos de 48 horas, este venres repetiu a manobra a última hora da tarde, tamén cando o comercio estaba aberto ao público, o presunto ladrón entrou e levouse o primeiro que tivo en man, un xogo de sabas, pero a xogada non lle saíu do todo ben, un dos donos atopábase atento no local e non dubidou en botarse á carreira pola rúa detrás do presunto delincuente, quen ao verse acurralado soltou a mercadoría e perdeuse por onde puido. As forzas de seguridade tratan de localizar ao autor ou autores dos feitos tras as pesquisas levadas a cabo no lugar.
28