Carballo | Rouban varios móbiles nunha tenda do centro comercial Bergantiños

0 minutes read

Segundo fontes consultadas, cinco persoas encapuchadas levaron uns 50 teléfonos móbiles da tenda The Phone House, situada próxima á porta principal do centro comercial Bergantiños en Carballo e valorados nun 20 mil euros. Os feitos ocorreron pasada a unha da madrugada tras romper un cristal da entrada e pinzar a reixa da tenda. Desta forma levaron os móbiles de gama alta da exposición e do almacén, ademais do cambio da caixa rexistradora. A Garda Civil de Carballo investiga o ocorrido.