Carballo | Samaín en Afaber en colaboración coa Escola Infantil Folerpas

1 minutes read

A asociación de Familiares de Alzheimer de Bergantiños (Afaber), leva dende o ano 2001 facendo actividades dentro do Servizo Programa de Estimulación Cognitiva. Con isto trátase de manter dende diferentes prismas, as funcións cognitivas de maneira óptima, dentro do proceso de deterioro da persoa usuaria. Previndo e retardando o desenvolvemento da enfermidade e potenciando as habilidades propias de cada persoa.
Para levalo a cabo, en outras ocasións apoiáronse en distintas orientacións, como a intervención asistida con animais, músico terapia, horto terapéutico e un longo, etc.
Esta vez, polo día do Samaín, tiveron a oportunidade de realizar unha actividade interxeracional colaborando coa Escola Infantil Folerpas. Provocando así un intercambio intencionado de aprendizaxes das persoas maiores e usuarias de Afaber cos máis mozos desta Escola Infantil.
Despois de varias sesións argallando unhas cabazas de decorativo por esta festividade, xorde a idea de poder compartir cos/cas pequenos/as as reaccións, facendo unha saída as súas aulas para entregarlle os agasaios, e que días despois, en Afaber seguen falando das boas sensacións que lles quedaron.