Carballo | Satisfacción na avenida de Malpica, xa dormen sen «tan-tan»

Cartel retirado o 15 de setembro.

Veciños da carballesa avenida de Malpica agradeceron nun comunicado a retirada dos carteis publicitarios que levaban meses colgados de varios farois á altura das vivendas, actuación que viñan reclamando desde hai semanas. Afirmaban que cando facía algo de vento rozaban contra o poste do farol, transmitindo un ruído moi molesto particularmente de noite. «Non sabemos quen os sacou, pero agradecemos a súa retirada», «Aínda queda algún soporte abandonado, pero polo menos está fixo e non fai tan-tan«, afirman.

Cartel abandonado o día 13 de setembro.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha