Carballo | Sen carné, seguro e Itv, atropela a un repartidor de Telepizza e dáse á fuga

1 minutes read

Pasados uns minutos das 10 da noite deste sábado tivo lugar un accidente de tráfico entre un turismo e unha motocicleta de repartición da empresa Telepizza. O sinistro produciuse na confluencia das rúas Perú e Pontevedra, en Carballo. A peor parte levouna o motorista, que tivo que ser evacuado do lugar en ambulancia ao CHUAC con prognóstico reservado, debido ás feridas que presentaba tras o impacto. Varias testemuñas do accidente puideron comprobar como o condutor do turismo dábase á fuga sen auxiliar ao motorista, polo que deron aviso ao 112 para tratar de localizalo cos datos que recolleron no lugar dos feitos. As forzas da orde que acudiron ao momento, para realizar o correspondente atestado, constataron que o turismo implicado carecía de seguro, itv e estaba dado de baixa. Por se isto fose pouco, localizado o condutor minutos máis tarde, este daría positivo en consumo de substancias estupefacientes. Trátase de J.A.A.C. veciño de Carballo e con diferentes antecedentes por feitos delituosos.