Carballo | Sen luz tras unha explosión nun transformador, fai máis duro o confinamento

Foto.- dpm.

Veciños da céntrica rúa Vázquez de Parga de Carballo, á altura das antigas casas dos mestres, levaron con resignación o xa por sí duro confinamento na tarde deste Xoves Santo. Sobre as 17:00 horas algúns quedaron sorprendidos preto do número 117 ao oir unha explosión no exterior das súas vivendas e quedar ás escuras. Tratábase dunha avaría no centro de transformación que está xunto ás antigas casas dos mestres e que dá suministro de baixa tensión a boa parte dos edificios de vivendas e servizos da zona. Postos os feitos en coñecemento da empresa subministradora a través do 112, aos afectados, tan só lles quedou armarse de paciencia á espera de que se solucionase o problema e volvese a luz, xa a estas alturas de confinamento a situación de non poder saír de casa é dura por si soa, pois máis dura aínda sen electricidade. Tamén se viu afectado o alumeado público de toda a zona. Sen dúbida, un mal día para ser santo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha