ACADAS (Alianza para o Recoñecemento Inclusivo de Méritos Ecucacionais) é un proxecto europeo “Erasmus +” no que participa ASPABER, xunto con outras entidades como Necmettin Erbakan Üniversitesi de Turquía, European Laboratory on Training Education and Citizenship de Italia, St Ita’s Special School de Irlanda, Centre of Education and Rehabilition for the Blind de Grecia e Pro Mente Croatia de Croacia.
Este programa pretende analizar un informe da UE onde se analiza o abandono escolar temperá das persoas con discapacidade e intentar analizar boas prácticas e accións a levalo a cabo.
Carballo será sede do programa durante os días 14 e 15 de novembro, onde se recibirán ás persoas de cada unha das entidades participantes, que ademais de coñecer Carballo tamén participarán nunha presentación pública do proxecto o día 15 pola mañá no Forum Carballo.