31
Alar Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro que promove talleres e proxectos de carácter social, principalmente destinados a mulleres en risco de exclusión e difícil inserción socio-laboral e a menores que sofren distintos problemas que afectan tanto á súa saúde mental coma ao seu correcto desenvolvemento como persoas. A intervención lévase a cabo mediante formación, terapia, acompañamento e seguimento de cada unha das persoas participantes. En Carballo comezaron o traballo con usuarios/as de Servizos Sociais, que, en función das súas necesidades poden acceder aos programas de prevención da violencia, o suicidio e a exclusión social entre mulleres e adolescentes.