Carballo substitúe a pista multideporte da Praza do Concello por unha nova

0 minutes read

A brigada municipal de obras comezou os traballos de desmontaxe da pista multideporte situada na Praza do Concello, que, despois de oito anos de uso intensivo, está totalmente amortizada e xa non reúne as condicións axeitadas para a súa utilización.

O Concello de Carballo xa ten contratada a instalación dunha nova pista, por un importe de 31.568 euros, e as obras comezarán o antes posible. O obxectivo deste tipo de instalacións é facilitar a práctica do deporte e do xogo entre a rapazada con comodidade e seguridade.