Carballo sucesos | Dous etílicos unha delas menor | Varios feridos no Monte Neme en Cances

Os servizos de emerxencia tiveron que empregarse a fondo esta fin de semana na capital de Bergantiños. Na noite do venres unha moza menor de idade tivo que ser evacuada por unha ambulancia do 061 ao atoparse indisposta na confluencia das rúas Perú e rúa Baixa. Unha zona moi concorrida por cuadrillas de mozos e mozas durante as tardes-noites das fins de semana. Ademais pasada a medianoite do sábado ao domingo o 112 Emerxencias Galicia pasou un aviso por un accidente de tráfico con feridos na parroquia de Cances, os alertantes indicaban que se atopaban na estrada das balsas ao Monte Neme. Ao lugar desprazouse a Garda Civil e tamén os servizos sanitarios que evacuaron a tres persoas feridas de consideración. Nese momento había unha densa néboa no lugar, pero investíganse as causas do sinistro entre os que se atopaban como implicados varios menores de idade. Xa o domingo os servizos sanitarios atenderon a unha persoa, neste caso un home, nas inmediacións do parque do San Martiño, veciños do lugar atopárona tirada, golpeada e presuntamente bébedo. O home foi evacuado por unha ambulancia ao centro médico carballés.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha