- O alumeado público permanecerá inactivo de 20:30 a 21:30 horas en sinal de protesta polo cambio climático
O alumeado público da Praza do Concello de Carballo deixará de estar activo este sábado 26, de 20:30 a 21:30 horas, xa que a localidade participará de novo na Hora do Planeta: unha iniciativa que une a persoas, gobernos, empresas e entidades de todo o mundo preocupadas pola natureza e polas ameazas devastadoras que supoñen a crise climática e a perda de biodiversidade.
A organización propón un reto individual: levar a cabo actuacións en solidariedade coa natureza como camiñar, correr, nadar ou andar en patíns ou bicicleta ata sumar de maneira virtual o 40.000 km, os mesmos que conforman o perímetro da Terra.
Ademais, os cidadáns poderán sumarse á Hora do Planeta apagando as luces da súa vivenda e compartindo o seu xesto nas redes sociais a través do cancelo #móvetepoloplaneta.
Máis información aquí.