Carballo súmase este sábado á Hora do Planeta

1 minutes read

Ao igual que en edicións anteriores, o Concello de Carballo sumarase este sábado 25 á Hora do Planeta, unha iniciativa da ONG de protección da natureza WWF coa que se pretende demostrar que xa non hai volta atrás e que todas e todos somos parte da solución ao cambio climático. O lema deste ano é Apaga a luz. Dálle unha volta ao planeta. Desde o Concello de Carballo reiteran o seu compromiso coa estratexia 2030, e con esa intención procederán ao apagamento simbólico da iluminación da Praza do Concello e das rúas da contorna de 20:30 a 21:30 horas. Convidan á veciñanza a que reforce esta iniciativa apagando as luces dos seus fogares e/ou negocios durante unha hora, un pequeno xesto que o planeta ben merece.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?