Carballo suspende a carreira 10 K debido á pandemia da COVID-19

Imaxe dunha carreira_PIXABAY

  • A Concellaría de Deporte adquirou o compromiso de converter a edición do 2021 nunha auténtica festa do atletismo

A pandemia da COVID-19 segue obrigando a cancelación de actos culturais, sociais ou deportivos como a carreira 10 k, que este ano celebraría o seu décimo aniversario.

Segundo a Concellaría de Deporte do concello de Carballo, a crise sanitaria provocada polo coronavirus impediría manter o mesmo formato das nove edicións anteriores e, dende logo, faría imposible a participación das máis de mil persoas que cada ano se citan para correr polo circuíto urbano. Por iso, desde a Concellaría optaron pola suspensión do evento pero adquiriron o compromiso de converter a edición do 2021 nunha auténtica festa do atletismo.

A 10K estaba programada para o 21 de xuño, día no que, se a evolución da pandemia é favorable, se pechará o Plan de transición cara unha nova normalidade, pero para preservar a saúde dos participantes, o Concello prefiere evitar posibles riscos e traballar na seguinte edición.

Related posts

O Concello de Carballo recoñece a traxectoria de Álex Felpeto tras os seus últimos éxitos no karate

O Calvo Xiria afronta a súa última saída da liga regular visitando ao Granitos Ibéricos Carballal

O Club Kung Fu Carballo reunirá este sábado na vila a máis de 120 deportistas