Carballo suspende varias actividades para esta fin de semana por culpa do tempo


  • Todas as pistas polideportivas municipais exteriores permanecerán pechadas

Debido á situación de alerta laranxa que se esperaba para este sábado 21, así como os avisos de alerta vermella para o domingo 22, o concello de Carballo, seguindo as indicacións do servizo de emerxencias, decidiu cancelar as actividades deportivas ao aire libre.

En concreto, quedan suspendidas todas as actividades deportivas ao aire libre dende as 00.00 ata as 24.00 horas do día 21. Os campos de fútbol das Eiroas, O Carral e As Pedreiras, así como todas as pistas polideportivas municipais exteriores permanecerán pechadas.

Debido ao risco de inundacións, desde o concello recomendan non deixar os coches aparcados en zonas inundables nin en garaxes situados en sotos de zonas afectadas polas crecidas, non achegarse á beira do río e extremar as precaucións ao volante.