Carballo | Talleres sobre o alcol e as súas consecuencias da man de Vieiro

Cedida

  • Estas actividades irán destinadas a alumnos de 5º e 6 de primaria dos centros do municipio

Con motivo do Día Mundial sen Alcol, que se celebrará este luns día 15, a asociación carballesa Vieiro desenvolverá varios talleres durante toda a semana nos centros escolares da localidade. Baixo o título ‘Bebendo saúde’, o alumnado de 5º e 6º de primaria aprenderá os mitos e realidades sobre o alcol e as consecuencias do seu consumo. Como novidade, este ano os usuarios poderán usar unhas lentes especiais que simularán os efectos desta substancia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha