Carballo tamén celebrou o último pleno do mandato | Sete membros serán baixa

Cedida.

Sete dos actuais integrantes da corporación municipal de Carballo non formarán parte do próximo pleno. Milagros Lantes e Marcos Trigo, do BNG; Antonio Domínguez e Paula Nogueira, do PP; César Varela, do PSOE, e José Bello Pallas e Andrés Eirís, de Terra Galega, abandonan a primeira liña da política municipal ben por non ter sido elixidos ou ben por non terse presentado ás recentes eleccións. Este sábado terá lugar a constitución da nova corporación.

Coa excepción de Bello Pallas, que non puido asistir á última sesión celebrada este mércores, víronse as caras por última vez no mandato que remata para aprobar as actas pendentes. O alcalde, Evencio Ferrero, aproveitou a xuntanza para agradecerlles o traballo desenvolvido e desexarlles o mellor na nova etapa que inician. As concelleiras e os concelleiros que abandonan o salón de plenos tamén se despediron, todos e todas coincidiron en sinalar que se tratou dunha experiencia moi positiva e recomendable.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha