Carballo tamén clama contra a “estafa” do prezo da luz


Varias organizacións sindicais e políticas estiveron presentes na mañá deste domingo en Carballo, nunha concentración levada a cabo case de forma compaxinada en máis de cincuenta vilas e cidades de toda Galicia, e que na capital de Bergantiños tivo lugar ás 11:30 da mañá ás portas do Concello. O motivo foi a repulsa e a denuncia da “estafa” que veñen sufrindo os cidadáns por parte das eléctricas en cada recibo da luz. Membros de diferentes corporacións municipais da comarca, así como numerosos veciños e veciñas, deron apoio coa súa presenza a esta reivindicación baixo o lema !Por un sistema enerxético para a maioría traballadora!.