Carballo ten en marcha obras de abastecemento de auga por máis 1,7 M€

Continuando coas directrices establecidas no plan director para a mellora do abastecemento no concello de Carballo, que inclúe as actuacións precisas para estender o servizo a toda a poboación, por unha banda, e para eliminar progresivamente as antigas redes de fibrocemento existentes na zona urbana, por outra, nestes momentos hai en marcha varios proxectos por un importe superior a 1,7 millóns de euros.

O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Planificación, Juan Seoane, achegáronse ata a parroquia de Sofán, onde avanza o proxecto da rede de abastecemento cun investimento de 700.000 euros. As persoas residentes nas zonas afectadas xa poden tramitar as solicitudes de enganche nas oficinas de Gestagua para que se vaian facendo ao mesmo tempo que a obra.

A conexión coa rede xeral realizarase nos núcleos do Alto (Verdillo) e O Forno (Sofán), e dende eles estenderase ao longo dos lugares de Bolón, Sofandónigo, Campo de Arriba, O Pilro, Quintela, A Tapia, O Forno, Periscal de Abaixo, Periscal de Arriba e A Praza, na parroquia de Sofán, e Regueira de Arriba, Regueira de Abaixo, Chacín e a Redonda, na de Verdillo. En total instalaranse 17.178 metros de tubaxes.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha