Carballo terá presenza no Congreso da Rede de Cidades que Camiñan

Martín Vila e Ana Montalbán na presentación do Congreso. Foto.- Concello de Cádiz.

O evento arrincou este xoves, e a súa sétima edición, que se celebra en Cádiz, prolongarase ata o vindeiro sábado, onde xunto aos representantes doutros 45 municipios de 3 países, no nome do Concello de Carballo estarán o concelleiro de Mobilidade, Juan Seoane, a concelleira de Planificación e Estratexia Urbana, Milagros Lantes, e o arquitecto municipal, Alfredo Garrote.

O congreso, este ano ten como lema “O planeta pídenos camiñar”, a secretaria técnica da Rede Cidades que Camiñan, Ana Montalbán avanzou que o evento reunirá a preto dun centenar de persoas que debaterán sobre a dependencia do vehículo e a aposta pola recuperación do espazo público para as persoas e o seu uso como punto de encontro.

Inclúe unha visita guiada a Cádiz para coñecer os avances da cidade en mobilidade. As actividades do venres e do sábado serán abertas ao público, polo que se prevé que aumente aínda máis a asistencia.

O congreso rematará co seminario Movilidade e Infancia, un debate escolar e unha experiencia dinámica no exterior do Palacio de Congresos de Cádiz.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha