Carballo terá unha praza dedicada a Xela Arias

1 minutes read
  • O Pleno tamén aprobou o suplemento de crédito para financiar 162.000 euros en axudas directas á hostalaría.

A corporación municipal de Carballo reunida en sesión plenaria decidiu dedicarlle unha praza a Xela Arias, autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas. Todos os grupos apoiaron a proposta agás Terra Galega, que se abstivo. A concelleira de Normalización Lingüística, Maruxa Suárez, explicou que dende o Concello de Carballo inténtase que a muller teña máis presenza no rueiro, ademais de visibilizar a mulleres que, como Xela Arias, realizaron unha importante achega á cultura galega e ao feminismo.

Tamén foi aprobado o suplemento de crédito para financiar a achega municipal ás axudas destinadas ao sector da hostalaría a través do convenio entre o Concello de Carballo e a Xunta de Galicia. En total solicitaron subvencións 162 establecementos, cada un dos cales recibirá 1.000 euros das arcas municipais.