Carballo | “Ti tes a chave” acada as dúas toneladas diarias de residuos orgánicos nun mes

1 minutes read
  • O programa xa conta con 925 familias e máis dun cento de grandes produtores adheridos

O primeiro mes de funcionamento do programa “Ti tes a chave” rematou cun balance moi positivo, pois actualmente o Concello de Carballo conta con 925 familias adheridas, ademais de máis dun cento de grandes produtores, e una media diaria de recollida de residuos orgánicos que xa acada as dúas toneladas.

O alcalde, Evencio Ferrero, quixo felicitar á veciñanza pola boa acollida que está a ter o programa, e animou aos carballeses e carballesas a seguir apostando por un sistema que contribúe á redución das emisións de CO2, garante un fertilizante de calidade e reduce os custos do servizo de recollida de lixo.

As persoas que queiran sumarse poden dirixirse á oficina de Carballo Limpo (galerías da rúa Desiderio Varela, 34) en horario de 10:00 a 14:00 ou achegarse os xoves e os domingos de feira ao posto instalado na rúa Coruña.