Carballo | Toma de posesión dos 13 funcionarios coa mellor puntuación na promoción interna

0 minutes read

Este mércores o salón de plenos acolleu a toma de posesión dos 13 administrativos (11 mulleres e 2 homes) do Concello de Carballo que acadaron as mellores puntuacións no concurso-oposición por promoción interna.

O alcalde, Evencio Ferrero, que presidiu o acto de toma de posesión, felicitou ós 13 funcionarios e agradeceu o traballo que viñeron desenvolvendo ata o momento como auxiliares.