Carballo | Tomou posesión o número 4 da candidatura do PSdeG-PSOE


No pleno ordinario correspondente ao mes de xullo, celebrado este luns no Concello de Carballo, tivo lugar a toma de posesión de César Fernando Varela Novo, número 4 da candidatura do PSdeG-PSOE nas últimas eleccións municipais, fíxoo como concelleiro en substitución de María Torres Pose, que presentou a súa renuncia o pasado 31 de maio. O alcalde, Evencio Ferrero, así como os demais membros da corporación, déronlle a benvida e desexáronlle moitos éxitos e moita sorte.