O colexio CEIP San Luís Romero e o Concello de Carballo colaboraron para identificar a flora e a fauna do Bosque do Añón. O alumnado realizou un traballo de investigación das especies existentes neste espazo tan emblemático e puideron inaugurar os paneis que as identifican. 117 nenos e nenas escolarizados neste cole carballés convertéronse en protagonistas dunha xornada que se desenvolveu no fermoso recuncho que acolleu a antiga depuradora e que hoxe é unha das zonas de descanso situadas nas beiras do río Anllóns. Na zona foron instalados varios paneis informativos que inclúen unha completa ficha dunha especie de fauna por unha cara e dunha especie de flora pola outra. A actividade enmárcase no programa de educación medioambiental Catro Estacións, no que o Concello está a recoller e desenvolver diferentes iniciativas a proposta dos centros educativos.
0