Carballo | Tramitadas 45 solicitudes de actividade de vivendas de uso turístico desde a entrada en vigor do rexistro obrigatorio

Dende mediados do ano pasado, todas as vivendas de uso turístico (VUT) teñen que estar inscritas obrigatoriamente nun rexistro para poder aparecer en plataformas e para operar legalmente. Ese requisito legal disparou as solicitudes en toda Galicia, onde se calculaba que máis do 70% das VUT non estaban formalmente rexistradas.

No 2025 tamén entrou en vigor a reforma da Lei de Propiedade Horizontal, que establece a obrigatoriedade de contar con permiso expreso da comunidade de propietarios para destinar a vivenda de uso turístico en edificios con comunidade de veciños.

Estes dous cambios normativos dispararon as solicitudes de actividade para VUT no último semestre do ano. En Carballo presentáronse un total de 45 para outras tantas vivendas de uso turístico, situadas na súa maior parte na zona urbana e nas parroquias do litoral.

Pero a actividade do sector turístico vai máis alá, e no 2025 tamén se tramitaron un proxecto de ampliación dun campamento turístico situado en Cambrelle e outro para a construción dun complexo de cabanas no lugar de Casanova.

En todo o ano pasado realizáronse 95 comunicacións previas de inicio de actividade empresarial, a segunda cifra máis alta dos últimos catorce anos.

Related posts

Conclúen as obras de renovación da rede de abastecemento de auga na Avenida Méndez Núñez de Caión

Portos e Concello de Fisterra acordan a proposta para a reversión ao Estado de terreos innecesarios do peirao

Xornada Nova Economía para a Aldea do Século XXI, celebrada no Couto, en Ponteceso