Carballo tramitará fondos europeos para carrís-bici e a eficiencia enerxética de edificios públicos

1 minutes read
  • Os dous asuntos foron tratados no Pleno deste luns, BNG e PP amosaron o seu apoio á proposta, PSOE abstívose e Terra Galega votou en contra. 

O proxecto “Cicl-Ando Carballo”, que inclúe o acondicionamento de 18 quilómetros de sendas peonís e ciclistas, unha rede de aparcamentos seguros para bicicletas e unha campaña de sensibilización en mobilidade sostible. O orzamento acada os 2.141.618,86 euros. Para optar aos fondos europeos consignados para este tipo de actuacións é preciso ter aprobado o Plan de mobilidade urbana sostible (PMUS). Este trámite tamén se realizou no pleno deste luns cos votos favorables do BNG e o PP e a abstención dos outros dous grupos.

O outro proxecto aprobado, “Carballo sostible: enerxías renovables e eficiencia enerxética dos edificios públicos”, ten un importe total de 2.064.444,72 euros e permitiría mellorar a eficiencia enerxética en 18 edificios e instalacións municipais.