42
Unha muller púxose en contacto coa Garda Civil para denunciar que foi sorprendida de forma repentina por un individuo que se lle presentou por atrás e agarrouna pola cintura. Os feitos ocorreron a media mañá deste xoves nas inmediacións do parque do Anllóns, á altura da estación de autobuses. Segundo a versión da muller, tratábase dun home de complexión forte, con carapucha e unha máscara negra. As forzas da orde instrúen dilixencias para tratar de esclarecer o ocorrido e localizar ao suxeto.